MARCHAMOS DE VACACIÓNS

Imos descansar estes días porque levamos moito tempo na casa e iso ás veces fai esquecer en que día vivimos, e a verdade é que nesta semana estariamos de vacacións. Olegario recordounos isto, porque el sigue traballando na Biblioteca, iso sí, con mascarilla e luvas, e precisa un descanso para voltar o luns con moitas máis sorpresas para vós.
Mentres tanto, vos deixa un enlace moi moi interesante sobre xogos que podedes facer en liña, para dous ou máis xogadores, así como Escape Room para que poidades disfrutar en familia.
Que disfrutedes do descanso esta semana e vémonos o luns con moitas máis cousas divertidas.

Apertas de libros!

XOGOS DE MESA EN CUARENTENA

Comentarios

Publicar un comentario